Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos. Gañador do Festiclown 2008, con xiras por Brasil, Italia, Portugal, Palestina, participante nas máis importantes citas de clown do Estado (Cataluña, Baleares, Madrid, Euskadi, Andalucía…) e con Galicia enteira percorrida na procura da vosa risa.
Con máis de 800 funcións Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual.
Peter Punk no Auditorio Municipal de Ribadumia, o sábado 14 de abril, ás 20h. Bicos e Tartazos!
Peter Punk na X Feira Medieval de Monforte de Lemos. Sábado 7 de abril. Ás 12:30h no Adro da Régoa e ás 18:30h na Praza de Espanha. Bicos e Tartazos!
PETER PUNK. Hoxe venres 6 abril, ás 23:30h en “El 3 Tragos”, nas festas de Padrón! Bicis e Tartazos!
Peter Punk estará coa Chungatrona, este martes 27 de marzo, no Salón Teatro en Compostela, a partir das 20:30h. apoiando ao Teatro galego. Bicos e Tartazos!
Peter Punk estará pallaseando no Chiringuito Itinerante “TRES TRAGOS”, a noite do sábado 3 de marzo, na Festa do Queixo de Arzúa. Bicos e Tartazos!
Pallaso reposando xunto ao Teatro Nacional Palestino, en Xerusalén (Cisxordania). Durante o Festiclown Palestina, en setembro de 2011.
Momentazo da Chungatrona no festival Circe, en Santa Coloma de Gramanet (Catalunya), en outubro de 2010.
Domingo 19 febreiro. Centro Social do Mar, Bueu (Pontevedra) ás 18h.
Peter Punk imparte o seu primeiro Curso de Globos e Malabares Cómicos na Sala Timanfaya en Puerto de la Cruz (Tenerife). Próximamente en Galicia. Bicos e Tartazos!